Evento: Orgullo da nosa lingua

Orgullo da nosa lingua
luns, 18 setembro, 2023 a domingo, 24 setembro, 2023
Malecón,
Ribeira

Orgullo da nosa lingua

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chega en setembro e outubro a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística.

A exposición Orgullo da nosa lingua: o galego é un tesouro para compartir chegará en setembro e outubro a catro entidades da Rede de Dinamización Lingüística: Arteixo, Ribeira, Marín e Redondela.

A mostra consta de 9 paneis que percorren particularidades do galego co fin de mostrar o seu valor e a súa riqueza, alimentar o sentimento de pertenza e convidar a cidadanía a falalo. A exposición poderá visitarse por libre ou ben coa guía dunha persoa dinamizadora que atenderá os asistentes en horario establecido por cada concello.

A través dun código QR, os viandantes tamén poderán interactuar desde os seus móbiles e participar no sorteo de distintos premios (entradas, lotes de libros, cadernos...).

Calendario

  • Arteixo, do 10 ao 17 de setembro. Anfiteatro. De luns a mércores: de 16:00 horas a 20:00 horas. De xoves a sábado: de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
  • Ribeira, do 18 ao 24 de setembro. Malecón. Luns, Martes e Xoves: de 16:00 a 20:00 horas. Mércores: de 10:00 a 14:00 horas. Venres e sábado: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h.
  • Marín, do 25 de setembro ao 1 de outubro. Luns a mércores: de 16:00 horas a 20:00 horas. Xoves a sábado: de 10:00 horas a 14:00 horas e de 16:00 horas a 20:00 horas.
  • Redondela, do 2 ao 8 de outubro. Alameda. Martes e mércores: de 16:00 a 20:00 horas. Xoves, venres e sábado: de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas. Domingo de 10:00 a 14:00 horas.
Descargas

Máis eventos de tipo Exposición

Granell cumpre 30 anos
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural, Pazo de Bendaña
Boutique Amparo
27 de maio a 31 de maio
Praza do Toural 8
Made in China
Made in China
15 de xullo a 30 de xuño
Museo Etnolóxico de Ribadavia