Evento: Festival Mar Aberto: Russ Dj, Sés e Monoulious DOP

Festival Mar Aberto: Russ Dj, Sés e Monoulious DOP
venres, 14 xullo, 2023 - 20:30
Faro Silleiro,
Baiona

Festival Mar Aberto: Russ Dj, Sés e Monoulious DOP

Unha fusión perfecta entre patrimonio, paisaxe, cultura, gastronomía e música.

A apertura de portas será ás 19:45 horas. Ás 20:30 horas comezaremos cunha sesión da man de Russ dj, creando un momento de desconexión que che permitirá fusionarche coa paisaxe e a contorna de Faro Silleiro.
Ás 21:00 horas comezará a actuación da banda galega Monoulious DOP.
A música de Russ dj soará de novo mentres facemos un rápido cambio de backline, momento que poderás aproveitar para gozar da nosa proposta gastronómica na zona chill out.
E ás 22:00 horas, a música volverá ao escenario de Mar Aberto coa actuación da artista galega Sés. Finalizado o concerto poderemos gozar dunha última sesión de Russ dj.

  • Monoulious DOP - Candela

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos