Evento: Cubo

Cubo
xoves, 21 setembro, 2023 - 19:00
Teatro Jofre,
Ferrol

Cubo

Espectáculo infantil de Elefante Elegante

Espectáculo teatral de fantasía, humor e poesía dirixida a público infantil e familiar que evoca a amizade, as separacións, a necesidade de coñecemento e a aventura de medrar desde a igualdade, rompendo os arquetipos de xénero.

Nun misterioso CUBO, dúas persoas moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. El está contento coas súas respostas, séntese cómodo, seguro, e non quere máis que balancearse eternamente no bambán do seu CUBO. Sempre conseguiron poñerse de acordo pero esta vez semella moi complicado. Que solución atoparán?

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Os Bolechas. A muller orquestra
5 de decembro, 18:00
A Teixeira núcleo - A Teixeira - Ourense
Os Bolechas. A muller orquestra
6 de decembro, 17:00
Mercado Cultural - Fisterra - A Coruña
Os Bolechas. A muller orquestra
7 de decembro, 17:30
Salón de actos da Casa do Concello - Forcarei - Pontevedra
Os Bolechas. A muller orquestra
9 de decembro, 17:00
Auditorio do Centro Ágora - A Coruña - A Coruña