Evento: As cidades agochadas

As cidades agochadas
xoves, 8 xuño, 2023 - 21:00
Teatro Principal de Pontevedra,
Pontevedra

As cidades agochadas

Espectáculo de teatro.

As cidades agochadas é unha obra do grupo de teatro Maricastaña da aula de Teatro Universitaria do campus de Ourense. Trátase dunha peza que asegura ser un espectáculo performativo, baseado no movemento e na creación actoral de espazos imaxinados. A obra está dirixida por Fernando Dacosta e inspirada na obra As cidades invisibles de Italo Calvino.

O elenco da obra está formado por Gonzalo Otero, Eva Garcia, Tatiana Gonzalez, Marcos Lamba, Marisol Amoeiro, Conchi Gonzalez, Lola Fernandez, Carmen Blanco, Miguel Estevez, Iria Losada, Iven Iglesias, Candela Opeixe e Nataia Feijoo.

O emperador quere saber como son as cidades do seu imperio. A viaxeira cóntalle. Dese conto xorden cidades da memoria, do desexo, da morte, do poder e as escondidas. Todas elas entrelázanse con ritmo, poesía, miseria, desexo, invisibilidades, intercambios, humor...

Máis eventos de tipo Espectáculo

Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
22 de maio
Refectorio do Mosteiro
Cancións begoñísimas. Tecedeira de soños
24 de maio
Capela do Centro Cultural Torrente Ballester
quema
Galicia Escena PRO: Quema
26 de maio
Praza da Quintana