Evento: Wake Up & Dream Festival: Carlos Cox

Wake Up & Dream Festival: Carlos Cox
venres, 14 xullo, 2023 - 18:00
Parque de Bens,
A Coruña

Wake Up & Dream Festival: Carlos Cox

Festival de música electrónica.

Carl Cox é o que dirían os americanos, un auténtico enterntaiment, no caso do de Manchester un enterntaiment de ámbito global: coñéceno en cada recuncho do planeta. Cando os promotores queren que unha pista estea chea ás cinco da mañá saben que Carl Cox é o seu home. Por dicilo dunha maneira simple, Carl Cox é o DJ do pobo. Foi embaixador da música desde que levaba pantalóns curtos. DJ profesional desde que era un rapaz, veterano do acid house e un campión do techno. Carl Cox é único picando discos, esnaquizando temas, expandindo o seu amor, celebrando a vida e a música. O seu aprecio pola música é ata contaxioso.

 

Nacido en Manchester, Carl e as súas dúas irmás creceron no sur de Londres. Os seus pais emigraron de Barbados pero trouxéronse con eles todo o espírito caribeño. Desde pequeno tivo na súa casa un tocadiscos co que Carl comezou a entender que significa o pinchamiento de discos. O seu entusiasmo pola música de baile negra aumentou a mediados dos 70 cando se inaugurou unha radio independente en Londres na que picaba un tal Greg Edwards DJ de soul americano.

  • CARL COX TECHNO DJ set from The Steelyard

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos