Evento: A cor das palabras: Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer

A cor das palabras: Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer
domingo, 4 xuño, 2023 - 11:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

A cor das palabras: Susana de Sousa Dias e Ansgar Schaefer

Encontro coa parella de cineastas.

No encontro, titulado «Abrir a(s) historia(s). O proceso de realización de Viagem ao sol», De Sousa e Schaefer afondarán no proceso de investigación e creación que deu lugar ao seu último filme, que estreamos de maneira exclusiva en salas españolas o venres 2 de xuño. Viagem ao sol constrúese exclusivamente cos testemuños actuais e as imaxes de arquivo de nenos e nenas de orixe austríaca que foron enviados á Portugal salazarista ao remate da Segunda Guerra Mundial. Valéndose dun «prodixioso traballo sobre a banda sonora que crea literalmente un segundo filme» (Santiago Gallego), os cineastas establecen múltiples resonancias coa Europa actual así como unha fonda reflexión sobre as crianzas en situación de conflito.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Toponimízate 2026
5 de xuño
Salón azul do Arquivo de Betanzos
Toponimízate 2026
26 de xuño
Centro Sociocultural do Cádavo
Toponimízate 2026
25 de agosto
Sala Coworking - Antiga Casa Cuartel