Evento: Son Futuro: Orquestra Infantil

Son Futuro: Orquestra Infantil
domingo, 18 xuño, 2023 - 19:00
Teatro Colón,
A Coruña

Son Futuro: Orquestra Infantil

Concerto de música clásica.

Formada por 83 nenos e nenas de entre 6 e 15 anos, a Orquestra infantil da Sinfónica de Galicia achega os cimentos da formación grupal necesaria para a práctica da música en orquestra sinfónica. Baixo a dirección de Jorge Montes e Enrique Iglesias Precedo, a Orquestra infantil ofreceu o seu primeiro concerto público na Coruña en abril de 2011.

Na presente tempada de concertos, a agrupación musical infantil ?dependente do proxecto educativo da OSG e da súa Orquestra Nova volveuse a presentar en concerto cun ambicioso programa con obras de grandes autores como Johann Sebastian Bach e Gustav Holst xunto con Georg Bohm e Sheila Nelson, que se incorporan así a un repertorio que xa inclúe música de Henry Purcell e Georg Friedrich Haendel.

Máis eventos de tipo Concerto

Quitar o aire
19 de xullo
Ponte Maceira
Maxicamente
20 de xullo
Recinto Feiral de Río
Ecoralia a lambona ecolóxica
20 de xullo
Praza Alcalde Rojo Losada