Evento: R.M.N.

R.M.N.
mércores, 22 marzo, 2023 - 18:00
Teatro Principal de Ourense,
Ourense

R.M.N.

Proxección da película de Cristian Mungiu.

Uns días antes de Nadal, Matthias volve ao seu pobo natal, unha localidade multiétnica de Transilvania, tras deixar o seu traballo en Alemaña. Está preocupado polo seu fillo, Rudi, que creceu sen el, e polo seu pai, Otto, que se quedou só, e desexa volver ver a Csilla, a súa exmoza.

Trata de implicarse máis na educación do neno, que pasou demasiado tempo a cargo da súa nai, Ana, e quere axudarlle a superar os seus medos irracionais. Cando a fábrica que Csilla dirixe decide contratar a empregados estranxeiros, a paz desta pequena comunidade verase perturbada, e as inquietudes afectarán tamén os adultos.

As frustracións, os conflitos e as paixóns volverán aflorar, rompendo a paz aparente da comunidade.

Máis eventos de tipo Proxección audiovisual

Museos de cine
17 de abril a 5 de xuño
Museo de Belas Artes
Luces al atardecer
20 de abril
Filmoteca de Galicia
Perdición
23 de abril
Filmoteca de Galicia
Luces al atardecer
23 de abril
Filmoteca de Galicia