Evento: Orisel Gaspar e Pedro Román Company

Orisel Gaspar e Pedro Román Company
sábado, 25 febreiro, 2023 - 21:00
Café Uf,
Vigo

Orisel Gaspar e Pedro Román Company

Concerto de música de autor.

Nós O contedor presenta Paren o tren, unha proposta musical de Orisel Gaspar e Pedro Román nacida en 2020 como resultado da confluencia do caudal e a capacidade creativa de dous artistas de madura e longa traxectoria. A cita é o sábado 25 de febreiro ás 9 pm, no Café Uf Negra Sombra, espazo de referencia en Vigo, entre os máis activos da cidade, cunha variada oferta cultural.

Nós o Contedor é unha factoría de arte concibida por ambos os artistas cuxo obxectivo é crear e desenvolver proxectos de autoría propia dentro do ámbito musical, teatral, audiovisual, pictórico, poético. Paren o tren preséntase como un repaso de sentimentos e experiencias, cancións propias que dialogan, pregúntanse e contéstanse unhas a outras. Nelas fúndense dúas voces que desde a esperanza, o amor, a dor, a alegría, o sarcasmo, a honestidade, falan dun tempo xa vivido e deste que lles toca vivir.

  • Paren el tren: Concierto de Orisel Gaspar y Pedro Román Company

Máis eventos de tipo Concerto

Levaino!
12 de xullo
Campo da Festa de Ortoño
Consertasso na horta 
12 de xullo
Barrio de San Benito
NoitiNHas 2026
15 de xullo
Avda. do Burgo das Nacións, s/n
Verán miúdo
15 de xullo
Praza do Cantón