Evento: Baby Twinkle

Baby Twinkle
venres, 10 febreiro, 2023 - 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Baby Twinkle

Programa de estimulación musical temperá a cargo da escola En Clave Método Suzuki

A biblioteca cede o espazo á escola En Clave Método Suzuki para a realización de dúas sesións de Baby Twinkle, un programa de estimulación musical temperá para nenas e nenos desde os 18 meses aos 3 anos. Nestas sesións as pequenas e pequenos participantes aprenderán a través do movemento, a rítmica, a audición e exercicios de psicomotricidade.

A primeira sesión realizarase ás 18.00h e a segunda ás 18.40h. Para 8 nenas e nenos de 18 meses a tres anos en cada sesión. Cada participante debe estar acompañada dunha persoa adulta. Pódese recoller a invitación no mostrador de Información dende as 17.30h.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Obradoiros de verán no Museo de Bela Artes
Inspirar para crear
7 de xullo a 28 de agosto
Museo de Belas Artes
EmbarrArte - Obradoiro de cerámica - 11 de agosto
11 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Escola de maxia co mago Toño
13 de agosto
Biblioteca Pública de Ourense
Os tesouros do galeón afundido
13 de agosto
Museo Massó