Evento: Una ausencia no es un piano

Una ausencia no es un piano
xoves, 26 xaneiro, 2023 - 20:30
Libraría Numax,
Santiago de Compostela

Una ausencia no es un piano

Presentación do libro de Cristina V MIranda.

Una ausencia no es un piano é un poemario sobre a perda, o dano e o reencontro cunha mesma. Unha viaje introspectiva que mira de fronte ao pasado e reconstrúe a identidade sobre as cinzas aínda ardentes. O poemario inspira o seu título nalgún dos xogos de palabras que Alejandra Pizarnik practica nos seus Diarios. A ausencia como punto de partida cara o pasado, como lugar de orixe para alcanzar a explicación do agora. Na presentación, que terá lugar o xoves 26 de xaneiro ás 20:30h, Cristina V Miranda estará acompañada polo poeta Samuel Merino (Pompa e Boato). A entrada é libre ata completar aforo.

Cristina V Miranda é escritora e promotora cultural. En 2019 publica o seu primeiro libro, A auga do lobo, coa editorial Toxosoutos. Un poemario que transcorre entre o familiar e o salvaxe, unha conta pendiente coa memoria da infancia e a desmemoria madrileña. Publicou tamén a súa primeira novela coa editorial Dos Manos co título de La entusiasta e baixo o pseudónimo de Gala de Meira. Como promotora, Cristina V Miranda participou en multitude de proxectos case sempre relacionados co viño e a música como o Enofestival, Ribeiro Son de Viño ou 17º Ribeira Sacra. 

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Portada da publicación da Peza do Mes de xaneiro do Museo Arqueolóxico de Ourense.
Peza do mes: Letras capitulares
1 de xaneiro a 31 de xaneiro
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense
A aventura creativa de Anzuelo
6 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal