Evento: Pequefilmes 2023

Pequefilmes 2023
sábado, 28 xaneiro, 2023 a domingo, 29 xaneiro, 2023
Biblioteca de Galicia,
Santiago de Compostela

Pequefilmes 2023

Festival de curtametraxes.

Pequefilmes, o festival de curtametraxes infantís da Cidade da Cultura, chega á súa sétima edición en 2023 cunha selección de 65 películas de animación na que teñen cabida todos os estilos e xéneros. Ademais, Pequefilmes recupera este ano a sección Vagalumes, con proxeccións de pezas para as nenas e nenos de ata 3 anos de idade, así como os talleres de cinema para os máis pequenos.

O festival desenvolverase na fin de semana do 28 e 29 de xaneiro de 2023. As nenas e nenos poderán vivir a experiencia do cinema en pantalla grande no Auditorio Neira Vilas e na Aula 1 da Biblioteca de Galicia na Cidade da Cultura, e tamén ver os curtos a través de Internet, accedendo ás diferentes sesións en liña a través da plataforma tv.Festhome. Con este formato híbrido, búscase facilitar que público de todo o país poida gozar da programación.

Este ano, as seccións de Miñocas e Fanecas converxen nunha mesma categoría: Vacalouras, con 40 curtametraxes a concurso de 14 países, especialmente seleccionados para as espectadoras e espectadores a partir dos 4 anos de idade. A elección dos curtos gañadores será realizada, mediante votación, polo púlbico que asista ás sesións presenciais de Vacalouras na Cidade da Cultura. Repartiranse un total de 1.800 euros en premios, en tres galardoes: 1.000 euros para o primeiro; 500 para o segundo, que conta co patrocinio de GADIS, e 300 euros para a terceira curtametraxe máis votado pola audiencia.

Máis eventos de tipo Festival

Barbeira Season Fest 2023
7 de xuño a 11 de xuño
Varios espazos