Via Stellae

Via Stellae é un festival de referencia en España e Europa, de música antiga e barroca.

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Concerto dos portugueses Pulsat Percussion Group

Múltiples, variadas e enriquecedoras son as fontes de inspiración do programa do emerxente conxunto de percusión portugués Pulsat... Un programa que inclúe obras que experimentan cos sons da natureza (Vespertine Formations busca reproducir os movementos sincronizados das "manobras aéreas" de bandadas de paxaros en Texas e Forest of hands evoca o son das árbores danzando entre elas)...

Galego

Pablo Seoane coa poesía de Estevo Creus

A improvisación musical barroca é un elemento quizais minusvalorado en moitos dos achegamentos á música desta época. Sempre se improvisa, non tanto desde o tempo como fóra do tempo: onde o tempo se fai lugar.

Dun deses lugares ficticios ou sempre en danza fálanos a poesía de Estevo Creus: Este non é o lugar no que estás agora, co vigor dunha voz que non cede ao sentido pero que non deixa de interrogar.

Concerto encadrado no ciclo Vía Stellae.

Galego

Real Filharmonía de Galicia

A orquestra compostelá Real Filharmonía de Galicia non falta ao Festival Via Stellae. Baixo as ordes do seu director asociado Maximino Zumalave e para presentar, nun intenso e único programa, tres sinfonías dunha expresividade, dramatismo e densidade nunca alcanzados ata entón, a pesar de ser escritas nun dos momentos máis duros da vida de Mozart.
 
Wolfgang Amadeus Mozart (1756-1791)
Sinfonía núm. 39 en Mi bemol maior, K. 543
Sinfonía núm. 40 en sol menor, K. 550
Sinfonía núm. 41 en Do maior 'Xúpiter', K. 543

Galego

Concerto de Brais González

Populares e presentes como poucas obras no imaxinario colectivo, As catro estacións constitúen sen dúbida un referente do Barroco e da historia da música... Probablemente o carácter "improvisatorio" das liñas melódicas destes catro concertos para violín de Antonio Vivaldi contribuíu a converter a As catro estacións nunha das obras máis versionadas e arranxadas de todos os tempos...

Galego

Concerto de Anna María Friman e John Potter

John Potter e Ariel Abramovich solicitaron a coñecidos músicos como Sting, Tony Banks (teclista de Genesis) e John Paul Jones (baixista de Led Zeppelin) que lles escribisen unhas cancións para interpretalas ao laúde. John Paul Jones suxeriulles o arranxo das súas tres cancións españolas Amores Pasados (tres poemas de Lope de Vega) que dan título a este proxecto no que o cuarteto de Amores Pasados esvaece a fronteira entre música culta e popular, entre música antiga e nova, combinando a sensibilidade destas figuras do rock coa antiga música de Campion, a do misterioso Mr.

Galego

Concerto Italiano

Trinta anos de éxitos en todo o mundo, recoñecementos e premios avalan o rigor da carreira desta agrupación italiana que sen dúbida contribuíu decisivamente a revolucionar os criterios para a execución da música antiga. E regresan coa súa grande especialidade: os madrigais de Claudio Monteverdi. Os nove libros de madrigais do compositor de Cremona constitúen a culminación deste xénero. Nada mellor que a sensibilidade, a técnica e a expresividade de Concerto Italiano e Alessandrini para descubrir a mestría de Monteverdi

Galego

Concerto de La Galanía e Raquel Andueza

Con ocasión do 350º aniversario da morte de Tarquinio Merula, Raquel Andueza e La Galanía achégannos a un dos compositores máis importantes, e tristemente un dos máis esquecidos, do século XVII. A súa música non ten nada que envexar á dos seus contemporáneos Claudio Monteverdi, Francesco Cavalli ou Barbara Strozzi. Organista, violinista e compositor italiano, foi un dos autores máis innovadores no campo da música sacra do Seicento.

Galego

Concerto de Uri Caine

Uri Caine improvisa e así descobre, comenta, ensina e involucra ao público en cada un dos seus concertos arredor de todo o mundo... O seu xenio mostrounos así un camiño de apertura na interpretación, elasticidade inherente ao jazz, pero tamén un reflexo da historia persoal dun músico e da súa visión da música, mesmo con improvisacións sobre Scarlatti, Mozart, Verdi, Beethoven.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Via Stellae