Busca
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 851
- 852
- 853
- 854
- 855
- 856
- 857
- 858
- 859
- …
- seguinte ›
- última »
Alba Loureiro, María Barcala e Nacho Castaño interpretarán Relato para un incendio, do dramaturgo Ernesto Is, mañá martes no Salón Teatro de Santiago ás 20,00 h.
A sesión estará aberta ao público xeral e dirixida especialmente ás persoas e compañías interesadas en levar a escena a peza en coprodución coa unidade teatral da Xunta, para o que se achega unha axuda de ata 12.000 euros
O secretario xeral de Política Lingüística participou na VI Xornada de Onomástica Galega celebrada no Museo de Pontevedra, que nesta edición está centrada no estudo dos nomes de lugares que atravesan o Camiño de Santiago
A Cidade da Cultura acolle hoxe unha xornada de traballo da Asociación de Teatro Eurasia, centrada en impulsar a diversidade cultural a través da creación artística teatral
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo abriu a sesión, enmarcada na asemblea xeral da entidade iniciada onte na cidade portuguesa de Braga
O secretario xeral de Política Lingüística participou na presentación de ‘A Comarca de Chantada no século XVIII’, obra gañadora da XIII edición do certame, que ofrece conclusións relevantes sobre a situación socioeconómica do lugar 300 anos atrás
Tamén asistiu á preestrea do documental ‘A verba viva. Ribeira Sacra. Paisaxe cultu-ral e patrimonio lingüístico’, realizado ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o presidente da Funda-ción, Eduardo López Pereira, presentaron hoxe a primeira edición deste galardón pa-ra pezas escritas e audiovisuais
Ademais, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade inau-gurou a exposición itinerante sobre Xela Arias “Asinamos ser libres” na Biblioteca Pública de Ourense
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participa na inauguración da mostra ‘A Minerva Compostelá. As súas Glorias’, que se poderá visitar ata o 22 de xaneiro
Enmárcase no proxecto Patrimonio Aberto da USC co que colabora o Goberno autonómico no marco das conmemoracións do 500 aniversario de San Xerome
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o papel do certame para reforzar a produción poética en galego durante os últimos vinte anos
Carballo (A Coruña), 14 de outubro de 2021.- O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, participou hoxe en Carballo na xornada titulada Retos do sector escénico profesional galego fronte á postpandemia, organizada pola asociación Escena Galega no marco do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), onde expuxo un resumo das accións levadas a cabo pola Xunta para a reactivación escénica en Galicia e cifrou en 1380 as funcións de danza, novo circo, maxia e teatro levadas a cabo este ano co apoio da Consellería de Cultura, Ed
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, participa na apertura do encontro que se desenvolve na xornada de hoxe CGAC
A iniciativa supón o prólogo ao 9º Encontro Nacional de Deseño, que ten lugar desde mañá ata o domingo neste mesmo espazo e no Museo do Pobo Galego
Tras a xira por Lugo, Ferrol e Turquía, a última montaxe da unidade teatral da Xunta volve esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con dúas únicas funcións
A creación de Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez representouse no encontro escénico internacional de Maltepe o pasado sábado



