Axudas, subvencións e bolsas : Anuncio de licitación para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza do Centro Coreográfico Galego

Anuncio de licitación para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza do Centro Coreográfico Galego

A axuda inclúe a estrea e exhibición do espectáculo

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) da Consellería de Cultura, Educación e Universidade fai público o anuncio de licitación para a contratación, en réxime de coprodución, de tres espectáculos de danza en calquera das súas modalidades, así como a súa estrea e exhibición.

Esta contratación insírese no programa de coproducións de espectáculos que a Agadic desenvolve a través do seu Departamento de Produción Coreográfica (Centro Coreográfico Galego) co obxectivo de favorecer a produción neste ámbito artístico, impulsar a creación de espectadores para a danza, consolidar produtos culturais competitivos que xeren retorno e, en definitiva, buscar a excelencia nos produtos culturais galegos.

PRAZO DE SOLICITUDE: do 6 ao 26 de outubro de 2020

 

DOCUMENTACIÓN:

Estado de tramite: En trámite

Comparte