Axudas, subvencións e bolsas : Publicación da listaxe provisional de solicitudes das axudas en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020

Publicación da listaxe provisional de solicitudes das axudas en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020

Axudas en materia de arquivos

Hoxe 10 de xullo de 2020 publícase neste Portal a listaxe provisional de solicitudes das axudas en materia de arquivos correspondentes ao programa 2020: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas destinadas á colaboración no financiamento de actuacións en materia de arquivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento CT130A).  (DOG núm. 31, do 14 de febreiro de 2020).

De acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co artigo 11.1 da Orde de convocatoria, os interesados poderán presentar nun prazo de 10 días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación destes listados, as alegacións que estimen oportunas.

Estado de tramite: En trámite

Comparte