Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións a festivais de artes escénicas e de música 2017

Subvencións a festivais de artes escénicas e de música 2017

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) convoca a Resolución do 17 de marzo de 2017 pola que se aproban as bases de subvencións a festivais de artes escénicas e de música, e se convocan para o ano 2017.

Con estas axudas a Agadic procura fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega co obxecto de promover a orientación ao mercado das empresas, mellorar a viabilidade dos seus proxectos, achegar recursos propios e aumentar o peso relativo do sector no sistema produtivo galego; promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais; e estimular a creación, avivar o talento e a capacitación e incitar ao recoñecemento social e económico de artistas e autores e autoras, en canto subministradores de recursos inmateriais no proceso de produción. Tamén apoiará a colaboración entre empresas e creadores e creadoras como instrumento necesario para o impulso e asentamento do sector cultural.

Prazo de presentación: Do 31 de marzo ao 2 de maio de 2017

Máis información, aquí.

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte