Axudas, subvencións e bolsas : Apoio ás carreiras musicais de 12 artistas e grupos de Galicia con 150.000 euros
Apoio ás carreiras musicais de 12 artistas e grupos de Galicia con 150.000 euros
A Xunta de Galicia resolveu a concesión da liña de axudas para proxectos musicais, a través da que contribúe ao impulso das carreiras de 12 artistas e grupos de Galicia cun investimento total de 150.000 euros. Os proxectos subvencionados corresponden a iniciativas de creación, produción, promoción e difusión musical vinculadas a Catuxa Salom, Caamaño&Ameixeiras, Pava, Untovello, Montedapena, Santi Araújo, The Rapants, Monoulious DOP, Felisa Segade, Taïn, O Xoán e Dani Cornes.
O obxectivo desta convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, xestionada a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, é contribuír ao desenvolvemento do talento musical galego e consolidar a cadea de valor desta industria cultural. Deste xeito, favorécese a calidade dos proxectos, a profesionalización e a modernización das carreiras artísticas, co foco posto tamén no uso das novas tecnoloxías e na dixitalización.
Estado de tramite: Resolto