Axudas, subvencións e bolsas : Subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial
Subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial
A Xunta de Galicia abre a partir de mañá 17 de xullo ás 9,00 h. e ata o vindeiro 17 de agosto ás 20,00 h. o prazo de presentación ás subvencións para o desenvolvemento de actividades en salas cinematográficas de carácter comercial, convocadas este ano por 480.654 euros. A dotación desta liña de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incrementa nun 3,3 % a consignada o pasado ano e destínase ao deseño e execución de accións dirixidas a diversificar a oferta de contidos, fidelizar públicos e garantir a pervivencia dos cinemas galegos, con especial atención aos espazos situados en pequenas poboacións.
Estado de tramite: En trámite