Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en materia de museos

Bolsas de formación en materia de museos

Orde pola que se establecen as bases reguladoras da convocatoria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Cultura, convoca unha orde de bolsas de formación en materia de museos :ORDE do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan bolsas de formación en materia de museos correspondentes ao programa 2026-2027 (código de procedemento CT110B), (DOG núm. 6,  do 12 de xaneiro de 2026).

O número de prazas convocadas será de dezaoito (18), terán unha duración máxima de doce meses (12) e darán comezo dentro do prazo que se estableza na resolución, non antes do 1 de xullo de 2026.

 

Resolución publicada no DOG do martes, 2 de xuño de 2026:

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se ordena a publicación da Resolución do 19 de maio de 2026 de concesión das bolsas de formación en museos convocadas ao abeiro da Orde do 16 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á súa convocatoria para o programa 2026-2027 (código de procedemento CT110B).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260602/AnuncioG0766-250526-0...

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte