Axudas, subvencións e bolsas : Bolsas de formación en materia de arquivos

Bolsas de formación en materia de arquivos

Orde pola que se establecen as bases reguladoras da convocatoria

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Cultura, convoca unha orde de bolsas de formación en materia de arquivos: Orde do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2026-2027 (código de procedemento CT110A), (DOG núm. 6,  do 12 de xaneiro de 2026).

O número de prazas convocadas será de dezaoito (18), terán unha duración máxima de doce meses (12) e darán comezo dentro do prazo que se estableza na resolución, non antes do 1 de xullo de 2026.

 

RESOLUCIÓN publicada no DOG do martes, 2 de xuño de 2026:

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 19 de maio de 2026 de concesión das bolsas de formación en arquivos convocadas mediante a Orde do 18 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao Programa 2026-2027 (código de procedemento CT110A).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260602/AnuncioG0766-260526-0002_gl.html

 

Estado de tramite: Resolto

Comparte