Aviso: Licitación de obras de acondicionamento do patio da catedral de San Martiño de Ourense

Licitación de obras de acondicionamento do patio da catedral de San Martiño de Ourense

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 11 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e tramitación anticipada de gasto, do contrato de obras de acondicionamento do patio entre a nave e o edificio de cóengos da catedral de San Martiño de Ourense, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (contratación documentalmente simplificada).

Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo fose domingo ou festivo, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
 

Estado de trámite: En trámite

Comparte