Aviso: Cultura aproba as táboas de avaliación documental de varias series documentais do patrimonio documental de Galicia

Cultura aproba as táboas de avaliación documental de varias series documentais do patrimonio documental de Galicia

O 19 de febreiro de 2018 o DOG publica a Orde do 29 de xaneiro de 2018 pola que se aproban as táboas de avaliación documental de determinadas series documentais do patrimonio documental de Galicia e se dispón a súa publicación no Diario Oficial de Galicia

O Consello de Avaliación Documental de Galicia, na sesión do 15 de marzo de 2017, aprobou dúas táboas de avaliación documental procedentes da administración autonómica. Os extractos das táboas aparecen recollidos no anexo da Orde de aprobación. As series ditaminadas polo Consello son:

- Expedientes de axudas do Fondo de Acción Social para o persoal ao servizo da Xunta de Galicia

- Expedientes de rexistro dos contratos laborais

A Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia establece que os documentos de titularidade pública serán avaliados e seleccionados para determinar a súa conservación ou eliminación, de acordo co interese que presenten desde o punto de vista administrativo, xurídico, legal e histórico.

Comparte