Aviso: Selección de compañías para Galicia Escena Pro 2014

Selección de compañías para Galicia Escena Pro 2014

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Agadic, vai desenvolver do 3 ao 5 do vindeiro mes de novembro, en Santiago de Compostela, unha nova edición de Galicia Escena PRO para dar a coñecer as producións galegas de artes escénicas para a vindeira temporada.

Os espazos escénicos onde se desenvolverán as propostas son: SGAE/Fundación Autor (Sala A e Sala B), Auditorio Abanca, Salón Teatro e Teatro Principal.

Poderá solicitar a participación en Galicia Escena PRO calquera compañía galega e profesional con espectáculos de teatro, danza, maxia e novo circo estreados entre outubro de 2013 e novembro de 2014.

Nesta edición exhibiranse un máximo de 23 espectáculos en dúas modalidades:
- Exhibición de espectáculos completos (11 representacións).
- Exhibición de espectáculos en formato showcases cunha duración máxima de 20 minutos. En dúas xornadas exhibirase un total de 12 propostas escénicas con este formato.

Selección:
Unha comisión integrada por persoas con experiencia recoñecidas no ámbito das artes escénicas será a encargada de seleccionar tanto os espectáculos en formato completos como os showcases. A configuración nominal desta comisión darase a coñecer una vez realizada a selección.

Prazo de inscrición:
As compañías interesadas en participar deberán enviar cumprimentada a ficha que se achega ao pé deste aviso ao correo electrónico programacionagadic.1@xunta.es dende 15 ao 30 de setembro, tendo en conta o seguinte:

As compañías poderán inscribir os seus espectáculos nas dúas modalidades de forma independente. Aceptaranse traballos estreados entre outubro de 2013 e novembro de 2014. No caso de espectáculos sen estrear, a comisión de selección terá en conta toda a información achegada pola compañía.

Condicións económicas e técnicas:
- Nos espectáculos completos, a organización asume o 40% do caché coas necesidades técnicas incluídas que figuran na oferta da RGTA (Rede Galega de Teatros e Auditorios). As compañías poderán utilizar o material que exista no rider técnico da sala onde se realice a representación (os riders serán facilitados pola Agadic  unha vez rematado o proceso de selección) e tamén poderán dispoñer do persoal técnico propio de cada sala. As compañías faranse cargo do persoal e do material técnico que, no caso de non atoparse nos riders técnicos a sala, foran necesarios para o correcto desenvolvemento da representación.

- Nos espectáculos en formato showcases, a organización asume unha remuneración de 120 euros por cada un dos integrantes do elenco artístico e facilitará ás compañías, unha vez rematado o proceso de selección, un plano de luces común para todas as propostas que será enviado con
antelación suficiente. Debido aos ritmos de cambio entre cada compañía (5 minutos entre cada showcase) non se poderá montar a escenografía dos espectáculos. Utilizarase unicamente atrezzo e mobles que ocupen pouco espazo, que non requiran montaxe e que se podan retirar doada e rapidamente. Cada compañía disporá de 20 minutos, nun horario que se comunicará con suficiente antelación, para a gravación dos efectos de luz.. As compañías adaptarán o seu showcase ao rider técnico da sala e ao plano de luces proposto.

- A organización farase cargo do persoal de carga e descarga e do pago dos dereitos de autor.

Estado de trámite: En trámite

Comparte