Aviso: Declárase ben de interese cultural a ponte de Pontevea sobre o río Ulla

Declárase ben de interese cultural a ponte de Pontevea sobre o río Ulla

O 31 de xaneiro de 2017, a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural emite unha resolución pola que se incoa expediente para declarar ben de interese cultural, coa categoría de monumento, a ponte de Pontevea sobre o río Ulla, entre os termos municipais da Estrada (Pontevedra) e Teo (A Coruña), publicada no DOG núm. 36, do 21 de febreiro de 2017, e abriuse un período de exposición pública dun mes, con notificación aos interesados.

A documentación relativa á ponte de Pontevea avala a concorrencia neste lugar de diferentes camiños, mesmo desde época romana. Sen descartar a posible existencia dunha ponte anterior de época romana, non hai ningunha dúbida de que a ponte actual é medieval, construída no século XVI, con reconstrucións importantes no XVIII.Este lugar tamén foi escenario, na Guerra da Independencia, das loitas contra as tropas napoleónicas desenvoltas a partir do 1809, como consecuencia das cales se provocou unha importante derruba nun dos seus arcos, reposto no ano 1822, sendo precisa unha nova rehabilitación da ponte no ano 1845 encargada polo Concello da Estrada.

Estado de trámite: Resolto

Comparte