Aviso: Redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra para a conservación e valorización do mosterio de Santa María a Real de Oseira

Redacción do proxecto básico e de execución e dirección da obra para a conservación e valorización do mosterio de Santa María a Real de Oseira

Licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizos

Contrato de servizos, non suxeito a regulación harmonizada para a redacción do proxecto básico e de execución (PBE) e a dirección da obra (DO) para a conservación e posta en valor no conxunto monumental do mosterio de Santa María a Real de Oseira: igrexa e espazos de uso público, no concello de San Cristovo de Cea (Ourense), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1.
Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=51200 e a información de índole administrativa no teléfono 981 54 48 71 e, de índole técnica no teléfono 981 54 65 97.
 

Estado de trámite: Resolto

Comparte