Aviso: Regúlase a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia

Regúlase a composición e funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica no DOG o Decreto 15/2016, do 14 de xaneiro, polo que se regula a composición e o funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia e o procedemento de avaliación e selección de documentos.

O obxecto deste decreto é a regulación da composición e do funcionamento do Consello de Avaliación Documental de Galicia, así como o procedemento de avaliación, selección e eliminación de documentos no ámbito do Sistema de Arquivos de Galicia, de conformidade co sinalado nos artigos 34 e 19.2 da Lei 7/2014, do 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

A principal finanalidade do Consello de Avaliación Documental de Galicia é o estudo e o ditame das cuestións relativas á cualificación e utilización dos documentos producidos, recibidos ou acumulados no exercicio das súas funcións polas institucións, administracións e organismos públicos e empresas e entidades deles dependentes, así como a súa integración nos arquivos e ao réxime de acceso e inutilidade administrativa de tales documentos no ámbito do Sistema de Arquivos de Galicia, tal como establece o artigo 34 da Lei 7/2014, do 26 de setembro.

 

Comparte