Aviso: Aberto o prazo de inscrición de espectáculos e de concellos en Cultura no Camiño 2016

Aberto o prazo de inscrición de espectáculos e de concellos en Cultura no Camiño 2016

 A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia poñen en marcha a cuarta edición do programa Cultura no Camiño, que se desenvolverá do 15 de abril ao 30 de setembro de 2016 en concellos galegos situados nas distintas rutas xacobeas.
 
-As empresas profesionais galegas interesadas deben inscribir os seus espectáculos e/ou concertos entre o 28 de xaneiro e o 14 de febreiro a través da web www.galescena.info, introducindo o usuario e contrasinal remitidos pola Agadic. As instrucións completas están neste documento de Convocatoria para inscrición de espectáculos e concertos

-Os concellos interesados deben inscribirse enviando a solicitude de incorporación ao correo electrónico:programacionagadic.1@xunta.es

O desenvolvemento da programación rexerase pola Normativa de funcionamento da 4ª edición do programa 'Cultura no Camiño' 

Para calquera aclaración ou información adicional, os enderezos electrónicos de contacto son:programacionagadic.1@xunta.es e programacionagadic.2@xunta.es e os números de teléfono dispoñibles son: 881 996 087 e 881 996 088.

Estado de trámite: Resolto

Comparte