Axudas, subvencións e bolsas : Listaxe provisional da subvención para participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia

Listaxe provisional da subvención para participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia

Listaxe provisional da subvención para participación de profesionais da creación literaria galega en residencias literarias fóra de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025. 

A Orde do 25 de febreiro de 2025 establece as bases reguladoras do procedemento de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para estadías en residencias literarias, que se realicen fóra de Galicia, dirixidas a profesionais da creación literaria galega para fomentar a difusión da cultura galega e o impulso de relacións de cooperación con outros organismos e centros culturais de referencia. 

De acordo co disposto no artigo 18 da orde da convocatoria,o órgano instrutor, á vista das actas da comisión de valoración, elaborará unha listaxe provisional de persoas excluídas por non reunir todos os requisitos, así como das persoas admitidas e a puntuación acadada. 

As persoas solicitantes disporán dun prazo de 10 días hábiles para formular alegacións segundo a forma indicada no artigo 15 da dita orde polo que todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electrónicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Así mesmo, o órgano instrutor, trala publicación da listaxe provisional e a tramitación no seu caso das alegacións presentadas, ditará unha proposta de resolución debidamente motivada que elevará á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Estado de tramite: En trámite

Documentos relacionados

Comparte