Os traballos impulsados pola Xunta na igrexa de Esperante en Lugo sacan á luz unha ventá do prerrománico asturiano

Lugo, 20 de agosto de 2025.- Os traballos impulsados pola Xunta de Galicia na igrexa de Santa Olaia de Esperante, en Lugo, sacaron á luz unha ventá cunha tipoloxía que corresponde co prerrománico asturiano. Así o comprobou hoxe o director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, nunha visita realizada ao templo, na que salientou a “relevancia deste importante achado, descuberto nos estudos previos que se estaban a realizar para acometer a restauración deste ben do medievo”.

Galego

As obras premiadas co Barriga Verde de textos para monicreques chegan ás librarías da man da Xunta e Baía Edicións

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2025

As dúas obras vencedoras na última convocatoria do Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques, nas súas modalidades para público infantil e adulto, acaban de ver a luz na colección que a Xunta de Galicia mantén con Baía Edicións para incorporar ao sistema literario galego os textos recoñecidos con este galardón da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

Os concertos de ‘Atardecer no Gaiás’ rematan este xoves con Futurachicapop e o DJ Kike Varela

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2025

Este venres 21 de agosto despídese a décimo quinta edición de Atardecer no Gaiás cunha dobre actuación protagonizada por Futurachicapop e o DJ Kike Varela. O ciclo de concertos gratuítos ao aire libre promovido pola Xunta de Galicia programou un total de 11 concertos este verán na Cidade da Cultura, con propostas musicais diversas de 16 artistas e grupos chegados de Galicia, Portugal, Chile, Málaga, Madrid e Berlín.

Galego

A Xunta apoia a formación musical da Banda Sinfónica Galega cunha residencia artística no Gaiás

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2025

A Xunta de Galicia apoia un ano máis a formación dos músicos integrantes da Banda Sinfónica Galega e da Banda Sinfónica Xuvenil Galega cunha residencia artística na Cidade da Cultura. O encontro, que comeza hoxe, 18 de agosto, culminará o vindeiro venres, día 22, cun concerto no Gaiás, que se desenvolverá a partir das 19,30 horas, con entrada libre e de balde.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca en Foz as 30 actividades para a dinamización da lectura que impulsa a Feira do Libro

Foz (Lugo), 16 de agosto de 2025

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira do Libro de Foz, a penúltima parada do circuíto impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Federación de Librarías de Galicia, e que se estenderá ata o martes 19 de agosto na praza de Conde Fontao. Alí, destacou o papel fundamental que supoñen estas propostas de cara ao impulso e dinamización da lectura para todos os públicos e idades cunha morea de actividades diversas.

Galego

A Xunta enxalza a restauración da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra como exemplo do compromiso coa conservación dos bens culturais

Pontevedra, 14 de agosto de 2025

A Xunta enxalza a restauración da basílica de Santa María a Maior de Pontevedra como exemplo do compromiso coa conservación dos bens culturais.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, asistiu esta mañá á inauguración das obras realizadas neste templo pontevedrés, que é ben de interese cultural desde o ano 1931.

Allegue destacou que “esta basílica forma parte da identidade de Pontevedra e hoxe recupera o seu esplendor grazas ás melloras realizadas nos últimos meses”.

Galego

A Xunta colabora con 16 entidades culturais para o impulso de certames de artes escénicas e musicais de carácter afecionado

Santiago de Compostela, 15 de agosto de 2025.- A Xunta acaba de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución da convocatoria de axudas para a realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado que, nesta ocasión, impulsará a colaboración con 16 proxectos.

Galego

A Xunta destina 500.000€ á mellora de 44 equipamentos culturais en toda Galicia

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2025

A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude vén de resolver as axudas para a mellora de equipamentos culturais que, nesta convocatoria, contribúen á mellora de 44 infraestruturas de toda Galicia. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de 500.000€ destinada a actuar en bibliotecas, arquivos e locais culturais municipais para modernizar estes espazos.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS