Evento: Rato-canguro
Rato-canguro
O rato Fuco visita hoxe a biblioteca acompañado dun bebé ao que ten que coidar: chámase Cochín, e é o fillo duns amigos seus que se chaman Lene Marta e Tomás, porcos protagonistas do conto “Suave y Calentito”, de Bijou Le Ford. Lene Marta traballa fora da casa e Tomás hoxe non pode atender ao pequeno porque ten que ir ao veterinario. Así pois, o rato Fuco é o elixido para facerse cargo de Cochín. Durante a estadía na biblioteca, darálle de comer, lavarao, cambiaralle o cueiro, contaralle contos e mesmo lle cantará un arrolo para adormecelo, demostrando que en Lonxedetodo os coidados son unha tarefa compartida por ratos e ratiñas.
No salón de actos, para público familiar ata completar aforo. Duración: 45 minutos



