Evento: É difícil fotografar o baleiro | Colectivo D’Elas

É difícil fotografar o baleiro | Colectivo D’Elas
sábado, 26 abril, 2025 - 20:30
Auditorio Gabriel García Márquez,
Oleiros

É difícil fotografar o baleiro | Colectivo D’Elas

É difícil fotografar o baleiro é unha aposta por atopar se existe algo máis aló do corpo. É un cuestionamento poético da verdade, do centro, da transcendencia. Nunha viaxe entre os cantos eclesiásticos e a música techno de LLXNTO e Bruno Baw, as bailarinas móstrannos corpos virtuosos pero humanos, con capacidades extraordinarias, pero coas limitacións de seren mortais. Unha tentativa de habitar un corpo cru, doente, limitante, pero un corpo capaz de amar, sacrificar ou soñar máis aló. Unha falta de identificación, unha colectividade a partir do único que queda, o corpo. Unha busca do baleiro como centro de todas as cousas.

Dirección: Julia Laport

Creación: Colectivo D’Elas

Iluminación: Nacho Martín

Vestiario: Elise Abella Yago Valverde

Música: Bruno Baw LLXNTO

Produción executiva: Julia Laport, Myriam González

Produce: Colectivo D’Elas

Interpretación: Andrea Castro, Eloi Garcia, Iria Casal, Martín Sanjurjo, Myriam González, Noelia Mato

 

 

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Chafallas, a vendedora de fume
7 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra
La maestra
8 de xuño, 12:30
Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña
IN-CERTO
8 de xuño, 19:00
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña
Pedro e o lobo
14 de xuño, 18:00
Salón Teatro - Lalín - Pontevedra