Publicacións

Nesta sección danse a coñecer as novidades editoriais de temática cultural da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Pode consultar todas as publicacións da Administración autonómica na Libraría institucional da Xunta de Galicia.

Amosando 672 resultados.

Diego Santomé: Peza de esquina e outros espazos en conflito

Autor/a: Ledo, Agar. Canela, Juan. Santomé, Diego
Diego Santomé: Peza de esquina e outros espazos en conflito

As estratexias discursivas sobre as que se asenta a obra de Diego Santomé están directamente vinculadas aos conceptos de utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade. As súas pezas funcionan como procesos de desocultación dunha realidade que...

Víctor Grippo: Transformación

Autor/a: Casanegra, Mercedes. Chillida, Alicia. Poletto, Dante Isidoro
Víctor Grippo: Transformación

Desde as súas primeiras obras de corte conceptual, realizadas a comezos da década dos setenta, o arxentino Víctor Grippo construíu unha persoal poética do cotián, na cal os materiais orgánicos, as ferramentas e os utensilios domésticos conviven...

Guerreiro: Elízara, lugar onde non estiven

Autor/a: Guerreiro, Xoán
Guerreiro: Elízara, lugar onde non estiven

Catálogo de arte, no que se amosa a obra do pintor lucense Xoán Guerreiro. No libro reprodúcese unha selección de obras e inclúense un texto crítico, xunto coa biografía e a bibliografía do citado autor.

O Padre Feijoo: Cidadán libre da República Literaria

Autor/a: Rodríguez González, Avelino. Rodríguez González, Xulio. García Díaz, Noelia
O Padre Feijoo: Cidadán libre da República Literaria

Catálogo da exposición do mesmo título que o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense inaugurou en setembro de 2014, dentro das actividades que desenvolve a entidade.

Teo Soriano: Umbral

Autor/a: Cerviño, Ángel. González-Alegre, Alberto. Calvo Ulloa, Ángel
Teo Soriano: Umbral

Catálogo de arte no que se afonda na obra do pintor coruñés Teo Soriano.

Verquidos

Autor/a: Cáccamo, Berta. Mont, Miquel. Rodríguez, Asunta
Verquidos

Unha selección da obra de Berta Cáccamo, realizada na última década, na que se ofrece a relación entre o debuxo e a pintura; esa relación compróbase.

Cadernos de Fraseoloxía Galega | Núm 16/2014

Director/a: Ferro Ruibal, Xesús
Cadernos de Fraseoloxía Galega  | Núm 16/2014

O número 16, 2014 de Cadernos de Fraseoloxía Galega, dedicado a Fernando Varela Iglesias, contén 8 artigos na sección Estudos, verbo de diferentes aspectos da fraseoloxía e paremioloxía (de carácter semántico, didáctico,histórico, xeográfico ou...

Museo Massó. El museo que creció dentro de una fábrica de conservas

Autor/a: López de Prado Nistal, Covadonga
Museo Massó. El museo que creció dentro de una fábrica de conservas

Edición en castelán da guía visual do Museo Massó. Faise un percorrido pola exposición permanente do museo, con textos breves e moitas imaxes en cor das pezas da colección, acompañadas con textos ao pé da ilustración.

O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895

O primeiro Picasso. A Coruña 1891-1895

Editado con motivo da exposición celebrada no Museo de Belas Artes da Coruña do 20 de febreiro ao 14 de maio de 2015, este catálogo é unha completa publicación que ofrece unha análise pormenorizada dunha etapa fundamental na formación de Picasso,...

33 Escritores vistos por Luis Seoane

Autor/a: Seoane, Luis
33 Escritores vistos por Luis Seoane

Catálogo da exposición do mesmo título, que se realizou en Buenos Aires con motivo da celebración do centenario do nacemento de Luis Seoane. Recolle 33 ilustracións, correspondentes a trinta e tres creadoras e creadores literarios do ámbito galego...

Páxinas