Evento: Yellow Dog Conspiracy

Yellow Dog Conspiracy
sábado, 30 setembro, 2023 - 21:30
SalaSon,
Cangas

Yellow Dog Conspiracy

Concerto de rock.

É un feito que, no noso veciño Portugal, existe un movemento de bandas de Rock á altura do que se cociñaba en UK ou USA tempo atrás. E é que o Rock tivo que adaptarse a non estar ligado a unha área xeográfica en concreto, para non pasar a ser un fósil musical. Portugal e España comparten unha nova onda de bandas que practican Rock de todos os estilos e comparten tamén unha forma de entender a música baseada no traballo minucioso do día a día. Como os artesáns que non teñen un prazo de entrega máis aló da súa propia convicción de finalizar un traballo que alguén ten que gozar.

Neste sentido, Yellow Dog Conspiracy, son o exemplo perfecto para ilustrar o bo momento de creatividade e produción do país veciño. Tivemos a oportunidade de charlar con Vice, vocalista da banda, que (nun castelán case perfecto) contounos moitos dos segredos imprescindibles para entender o son do grupo. E é que, cando unha banda está composta polos considerados mellores artistas no seu campo e conta co apoio técnico dalgúns dos máis respectados nomes a nivel mundial, o resultado ten que ser un disco como Confrontation.

  • Yellow Dog Conspiracy - "Somebody Else" Official Music Video

Máis eventos de tipo Concerto

Vilablues Fest
15 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5
Concerto musical a cargo de Francisco Castro
16 de maio
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Concerto do Coro Xuvenil de Lugo
16 de maio
Biblioteca Pública de Lugo
Rebeliom do Inframundo
16 de maio
Rúa de Concepción Arenal, 5