Evento: Ñam!

Ñam!
Domingo, 24 noviembre, 2019 - 12:00
Pazo da Cultura,
Narón
Espectáculo a cargo de Caramuxo Teatro

Despois da gran acollida de "Glub, Glub" e "Zapatos" Caramuxo Teatro presenta "Ñam!", un novo espectáculo de teatro para bebés. Comer é un pracer, mais antes hai que cociñar e escoller os mellores productos: porque as mazás poden ser verdes ou vermellas, as galletas grandes ou pequenas, os tomates da casa ou do outro lado do mundo.¡A mín encántame o doce!¡Pois eu prefiro o salgado! Facer unha receta e facela ben, non é tan doado como parece. Hai que ter bos ingredientes, misturalos na orde precisa e con cariño. Dúas persoas ás que lles encanta comer e unha receita. ¿Como saberán esas novas galletas? "Ñam!" é un espectáculo moi visual, envolvente, que mistura disciplinas como o teatro e a danza, en clave de comedia. Unha proposta creada a partir do mundo da cociña para ver, escoitar, ulir, sentir e saborear en familia.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Sen Patrón
21 de julio, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Os senteito
28 de julio, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo
Natureza e Cultura
31 de julio, 22:30
Auditorio Lois Tobío - Gondomar - Pontevedra
Royal
25 de agosto, 20:30
Sala Bahía - Foz - Lugo