Coliño
Unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e as súas familias, na que as crianzas poden estimular os sentidos e as emocións. Coliño é o lugar natural onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo e calor. Coliño está concibido dende o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre as e os bebés e a súa contorna. Coliño mestura todas as enerxías positivas para a mellora do bebé, da crianza e da persoa. Coliño somos moitas e moitos.

