Rock Na Rúa (Pandemic Edition): Indy Tumbita & The Vodoo Bandits
O Especial Rock na Rúa 2020 fará a súa primeira parada en Padróns, na fábrica de Galician Brew, con Indy Tumbita & The Voodoo Bandits o Venres 17 de Xullo ás 21:00h. Unha ocasión única para sentir o perigo instrumental do surf rock da banda de Indy mentres tomas unha Rock in Río Tea ou calquera das outras beberaxes máxicas de Galician Brew a escasos metros das cubas onde naceron.
Achegádevos a Padróns e non deixedes as mascarillas atrás. A entrada será de balde e o aforo limitado para garantir as medidas de seguridade. Gocemos do Rock and Roll con responsabilidade.