Nova: Lopez Campos destaca el "compromiso con dotar los ayuntamientos con equipaciones culturales de calidad"
22/11/2025
Lopez Campos destaca el "compromiso con dotar los ayuntamientos con equipaciones culturales de calidad"
La actuación, cuya finalización está prevista para agosto de 2026, está destinada a la optimización de la accesibilidad del edificio y la reorganización de sus espacios
Señala que con esta intervención "el municipio contará con una infraestructura adaptada a las necesidades de su actividad sin dependencia de otras localidades"
Puertas (Pontevedra), 22 de noviembre de 2025
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, visitou hoxe as obras de mellora da Escola Municipal de Música de Portas, un proxecto para o que a Xunta achegou 115.000€ mediante un convenio co concello pontevedrés, que ascende en total a 617.000€, e cuxa finalización está prevista para agosto de 2026.
Así, o representante da Xunta indicou que con esta actuación “desde o Goberno galego continuamos respondendo ao compromiso coas administracións locais no que respecta ao mantemento nas mellores condicións dos seus equipamentos culturais”. Deste xeito, tal e como explicou, “con este convenio sumámonos a un proxecto que se destinará a solucionar os problemas de accesibilidade e distribución dos espazos funcionais do edificio, en liña coa Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia”.
Así, a Xunta colabora coa adaptación deste edificio, construído en 1947 no lugar de San Xoán, e que antigamente acolleu unha escola pública, ás necesidades da actividade que actualmente se leva a cabo nas mesmas e “que contribúe á dinamización cultural da localidade”, apuntou López Campos. Neste senso, o proxecto contempla a modificación na organización dos espazos, a mellora nos accesos e a construción dun local anexo ao inmoble destinado a almacén e cuarto de instalacións. Ademais, tamén se pretende optimizar o sistema térmico para ofrecer un servizo axeitado ás persoas usuarias deste equipamento.
O conselleiro fixo fincapé en que desde o departamento de Cultura, Lingua e Xuventude “apoiase esta iniciativa polo seu interese social e pola cohesión territorial que supón no municipio”, de maneira que, puntualizou, “se pon a disposición da veciñanza unha infraestrutura de calidade para as actividades vencelladas ao eido musical sen necesidade de que dependan doutros concellos urbanos limítrofes maiores, reforzando así a súa propia prestación de servizos públicos”.
Ademais, con motivo da celebración hoxe do Día da Música, López Campos quixo ter un recoñecemento para “o gran talento que temos en Galicia neste eido en moi diversos estilos e xéneros, con bandas emerxentes e, incluso, grandes recoñecementos como o Premio Grammy Latino ao mellor álbum de música clásica á compostelá Isabel Dobarro”.
Un equipamento máis eficiente
O inmoble que alberga a Escola de Música de Portas está dividido en dúas partes, unha zona anterior dedicadas ás distintas actividades da entidade e outra posterior que se usa habitualmente para ensaios.
Con esta actuación pecharase a zona do porche para un mellor aproveitamento desta área, intervirase no illamento térmico do edificio e procederase a cambiar a estructura da cuberta. Tamén se dotarán as instalacións con mobiliario, equipos informáticos e de imaxe e son.