Iago Banet, 'The Galician King of Acoustic Guitar'
Iago Banet é un músico galego residente en Londres dende fai 10 anos. No Reino Unido, comenza a gravar discos cunha banda de Rockabilly, The Boo-Hoos (un EP - Lucky N7), unha de rock/jam band, JFK Blue (un disco - Rough Round the Edges; e un EP - Out of the Blue) e unha de blues, Deep Blue Sea (dous discos - Live it Up; e Strange Ways). Con estas bandas xira por todo o Reino Unido tocando en salas lexendarias como o 100 Club ou The Troubador en Londres.
