Evento: Lola Touza, La Schindler gallega
Lola Touza, La Schindler gallega
Nesta novela Vicente Piñeiro pon a súa escritura e as paixóns de papel para relatar a historia de Lola Touza, Xusta Entre as Nacións e considerada a Schindler Galega, que rexentaba o quiosco da estación de Ribadavia (Ourense), e entre 1941 e 1945 decidiu axudar a fuxir a máis de 500 xudeus dunha morte segura en mans dos nazis colaborando cunha das redes clandestinas de fuga de xudeos máis importante de Europa que empezaba nos Pireneos por Xirona, facía escala en Medina del Campo e chegaba ata Ribadavia, tramo decisivo desde o que as irmás Touza arriscaban as súas vidas para atendelos e facilitarlles o paso a Portugal. Axudáronlles dous taxistas chamados José Rocha, e Javier Mínguez "o Caveira", un barqueiro de nome Ramón Estévez e un emigrante retornado, Ricardo Pérez, "o Evanxelista", que facía de intérprete.
Nun outeiro de Xerusalén hai unha árbore prantada polo Centro Simón Peres pola Paz en honra de Lola Touza e as súas irmás (As de Ribadavia).