Evento: GALICIA CLARINET FEST
GALICIA CLARINET FEST
Lalín prepárase para celebrar a VI edición do Galicia Clarinet Fest. Durante seis días, contando o concerto de benvida que se celebrará o domingo , a vila acollerá concertos, estreas e talento global, situándoa no epicentro da música clásica e converténdoa nun oasis para os amantes da mesma.
Un festival único en Europa que combina unha parte académica, con estudantes e profesores de renome internacional, cunha programación innovadora e de grande interese cultural, que ofrece de balde concertos de altísimo nivel abertos ao público.
A Galicia Bass Clarinet Ensemble, presentados por Viravolta, ofrecerá este domingo un concerto de benvida ás 20.30 horas na Praza das Pipas diririxido por David Fiuza.
O luns 28 o concerto Inaugural "Sonoro Infinito" trae a Lalín unha experiencia interdisciplinar inédita en Galicia. O clarinetista Manuel Martínez presentará unha viaxe sonora e visual a través do tempo e o espazo, nun espectáculo que fusiona ciencia, arte e filosofía para reflexionar sobre a orixe, natureza e destino da humanidade.
O martes 29 terá lugar un Concerto de música de cámara no Salón teatro do Auditorio de Lalín, con Josep Fuster, José Luis Estellés e Alicia González Permuy como pianista.
Na Praza das Pipas, tanto o luns como martes ás 13 horas, haberá actuación de Celso Fernández Sanmartín e concertos de música de cámara de clarinetes. Os concertos continúan ao longo da semana con Xarma Duet, a REal Filharmonía de Galicia, concertos de música de cámara e as actuacións de Celso Fernández Sanmartín e Viravolta Títeres.
Unha oportunidade de coñecer de primeira man a mestría de músicos que deixan pegada nos máis prestixiosos escenarios internacionais
O Galicia Clarinet Fest é unha cita ineludible para os amantes da música, a cultura e a arte, que pon a Lalín no mapa internacional da música clásica.
Más eventos de tipo Festival