Evento: Sonoro Infinito
Sonoro Infinito
Unha proposta que se estrea en Galicia neste festival e que combina o virtuosismo do clarinetista Manuel Martínez coas últimas tecnoloxías audiovisuais, creando unha experiencia sensorial única.
Unha viaxe a través do tempo e o espazo.
Desde a creación do mundo ata a súa destrución, o clarinete convídanos a reflexionar sobre o impacto do ser humano sobre o planeta. Este espectáculo levaranos a unha viaxe sonora desde as melodías doces e harmoniosas da creación, ata os sons inquietantes e apocalípticos da destrución. Unha proposta que combina o virtuosismo do clarinetista coas últimas tecnoloxías audiovisuais creando unha experiencia sensorial única.
Os compositores que percorrerá serán José María Sánchez Verdú, Voro García, Pilar Jurado, Mar Caballé, Elena Nieto, Esther Pérez, María Pía Alvarado, Bernat Vivancos, Joan Magrané, J.M.Guix, Luis Tabuenca, Eduardo Betes, Saül Gómez e Manuel Martínez, entre outros.
Recoñecido pola súa destreza técnica e a súa versatilidade musical, Manuel Martínez deixou a súa pegada como solista en prestixiosos escenarios como o Muddy Concert Hall de Dallas, o Murchinson Arts Performing Center en Denton, o Abbot Concert Hall en Wisconsin e o Teatro de Bellas Artes de Ciudad de México.