Evento: Semana de Cine Euroárabe AMAL: El mundo árabe para dummies

Semana de Cine Euroárabe AMAL: El mundo árabe para dummies
Martes, 24 octubre, 2023 - 21:00
Teatro Principal de Santiago de Compostela,
Santiago de Compostela

Semana de Cine Euroárabe AMAL: El mundo árabe para dummies

Espectáculo de humor.

Coincidindo co vixésimo aniversario da Semana de Cinema Euroárabe Árabe Amal, o cómico Pablo Meixe e o economista e militar retirado Jesús Núñez presentan 20 anos de Amal: o mundo arabe para dummies, unha charla en clave de humor na que repasarán os acontecementos máis relevantes do mundo árabe nestas últimas dúas décadas…Hai instrucións de electrodomésticos mais sinxelas.

Pablo Meixe é un cómico galego que saltou á fama polas súas acertadas parodias en TikTok sobre situacións cotiás e crítica social. Aínda que é un dos Tiktokers máis queridos do noso país, a súa carreira como humorista comezou moito antes de que aparecese a rede social chinesa, cunha longa traxectoria en teatro e en distintos programas de Televisión de Galicia, como Os aspirantes ou Bamboleo.

Jesús Núñez experto en relacións internacionais, seguridade internacional, construción da paz e prevención de conflitos violentos e mundo árabe-musulmán. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado. Tamén é profesor de Relacións Internacionais na Universidade Pontificia de Comillas, así como membro do International Institute for Strategic Studies e vogal do Comité español da UNRWA.

Más eventos de tipo Espectáculo

Experiencias en familia
22 de julio
Praza do Concello
Maxia de rúa
24 de julio
Xardíns da Praza de D. Ramón
Ledicias 2.0
24 de julio
Área Recreativa Río Furelos
O camiño do afiador
26 de julio
Praza do Cruceiro de Olveiroa