Evento: Festa do Peixe

Festa do Peixe
Viernes, 2 junio, 2023 a Domingo, 4 junio, 2023
Bande,
Bande

Festa do Peixe

O nacemento da Festa do Peixe foi un feito singular e único para a nosa comunidade autónoma. Corría o ano 1971 e por primeira vez celebrábase en Galicia a cuarta edición do campionato nacional de pesca fluvial. A partir desa data, un grupo de amigos, que compartían a súa paixón pola pesca, deciden manter e apoiar ese campionato e co apoio das institucións engrandecer unha festa de profundo arraigamento popular. A Festa do Peixe creou, co paso dos anos, un valor identitario nos banduenses.
55 días despois da Pascua, celébrase a Festa do Peixe.
A riqueza piscícola da que gozan os nosos ríos foi determinante á hora de elixir Bande como sede para aquel campionato. Tradicionalmente peixes (a boga e o escalo).
A gastronomía, sempre presente nesta festa, adquiriu nos últimos anos un empaquetado diferenciador. Desde o venres o visitante ten a oportunidade de visitar as distintas casetas gastronómicas nos que poder saborear unha mostra das nosas variadas e tradicionais exquisiteces culinarias, hai que esperar ao domingo pola tarde para acudir ao evento máis concorrido: a degustación de empanadas, pan artesanal dos fornos de Bande e o produto estrela da festa: o Peixe.
Pero a festa ofrece moito máis, un amplo e variado programa de actividades completan a súa oferta os días da súa celebración: música, festa, obradoiros, artesanía...
Pensando nos máis pequenos estableceuse o concurso de " Peixiños" onde os nenos e nenas poden plasmar, en debuxo e plastilina, a súa visión desta festa.
E imprescindible é o campionato de pesca que reúne ao redor de 80 participantes e que se celebra na zona acoutada de Ponche Liñares.
O deporte acapara a maior parte do protagonismo do cartel anunciador da festa, o pavillón de deportes é outro foco de atracción con exhibicións de hóckey, patíns e patinaxe en diversas modalidades.
Moitas destas actividades non se poderían realizar sen a inestimable colaboración e o apoio de diferentes institucións e asociacións.
A Festa do Peixe tivo o seu merecido recoñecemento ao ser declarada Festa de Galicia de Interese Turístico, mediante resolución do 24 de maio de 2013.
Bande conxuga con esta convocatoria de xeito harmonioso aspectos gastronómicos, culturais, deportivos e ambientais.

Más eventos de tipo Fiesta/Feria popular

Festa da Romaxe das Cruces
8 de junio
Ribadeo
Festa do Peixe
13 de junio a 15 de junio
Bande
Festa do Boi
14 de junio a 22 de junio