Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Pinocchio

Adaptación libre da obra por Pepablo Patinho
Teatro Ghazafelhos xunto con Paty Lesta e Cristian Leggiero deciden contarnos a historia de Pinocchio. Este títere universal que nos enche de risa e emoción e agacha un segredo no seu corazón de bidueiro.
Cunha posta en escena que combina os monicreques, teatro actoral e música en directo abriremos unha porta a unha emocionante aventura que nos amosará un camiño cheo de humor e sensibilidade.

Elenco: Cristian Leggiero, Paty Lesta, Montse Piñón, Jorge Casas e Pepablo Patinho

Galego

Pink Unicorns

A creación de LaMacana -a compañía formada por Caterina Varela e Alexis Fernández- pon enriba do escenario ao propio Alexis co seu fillo de catorce anos. Un auténtico desafío que nos fará gozar das marabillas da relación pai e fillo, da pericia de cada un.

Pink Unicorns conta ca coprodución do Agadic en Galicia e de dous importantes teatros en Alemaña: o Theater im Pumpenhaus e o Theater Bremen.

Bailaríns: Alexis Fernández e Paulo Fernández

Galego

Pínconús

Pínconús (Unha comedia musical para toda a familia) Un día calquera, unha estación de tren, tres persoas que queren viaxar, unha billeteira que ven e que vai…

Estación de orixe: Aquimesmo. Destino: Pínconús, ese lugar ao que todos queren ir pero que moi pouca xente se atreve. Unha espera de absurdos encontros e desencontros mentres o tren está por chegar.

Elenco: Ana Carreira, Carlos Coira, Marga Portomeñe e Carlos Rebolo.

Galego

Othello

Hai no relato de William Shakespeare unha historia de encontro, na que unha muller europea e un home africano namoran. Porén, contra o final do texto, ela morre asasinada por el.

​Othello é, asemade, vítima e verdugo. Sofre islamofobia e executa un feminicidio que nace dunha mentira. Unha mentira que, á súa vez, xorde da inseguridade e da crenza de entender, como propio, o que non se pode posuír.

Galego

Ósmose

Premio Nacional á Cultura da Xunta de Galicia

Artista do ano para Folkword 

Candidata a artista do ano para BBC Radio 3

Artista Top TEN na Revista Songlines

Galego

Os fabulosos Cleaners

Dous expertos operarios da limpeza descobren por casualidade as posibilidades que poden dar as súas ferramentas de traballo, combiadas con auga e xabón. A partir de aí, os personaxes emprenderán unha excitante viaxe conducidos polas fantásticas pompas de xabón.

O público sorprenderase e gozará con estas máxicas burbullas; pompas transparentes, con fume, con vapor, pequenas, grandes, estáticas ou voando polo escenario. O espectador camiñará da man destas personaxes por un mundo máxico, cheo de cor e de moito, moito humor.

Dirección: Marcos Orsi e Luis Bevía

Galego

Orfeo

Elenco: Daniela Saúdes e Esther Branca (ou Eva Soriano)

PREMIO" MELLOR PROPOSTA DUN CLÁSICO" EN FETEN 2020

Espectáculo Recomendado pola Rede Española de Teatros 2020

Orfeo é un mozo grego cuxa música é capaz de aplacar tormentas, mover as pedras e amansar as bestas salvaxes. Eurídice é unha nova ninfa protectora dos bosques e a natureza. Un día ambos se namoran. Pero a súa felicidade non dura moito tempo. Unha mordedura de serpe mata a Eurídice. Abatido, Orfeo decide baixar aos infernos en busca da súa amada.

Galego

O soño dos golfiños

Cun olliño aberto e o outro pechado os golfiños dormen, sempre atentos, dispostos a saltar en calquera momento e chegar ás nubes máis altas cos seus brincos, buscando o seu soño… Neste espectáculo Os Golfiños viaxarán por un mar de músicas cun repertorio moi variado, cantando novos temas e lembrando as súas cantigas de sempre. Enriba do escenario, unha guitarra, un teclado e a voz de Elena Paz.

Galego

O premio

Elenco: Raquel Espada, Victoria Teijeiro e Xurxo Cortázar

O PREMIO é unha comedia aceda que fala da situación das persoas dentro dun futuro próximo no que o progreso tecnolóxico e a loita cara ao éxito económico, sentimental e social fose tal, que se viron obrigadas a caer en O Premiocomo única fórmula de conseguir a felicidade.

O PREMIO é un reality en directo onde o público vota a quen merece levar o premio da súa vida: Morrer logrando a fama. Todo por un soño.

Tres finais posibles en función do desexo do público.

Galego

O mozo da última fila

Claudio é un estudante de dezasete anos que senta na última fila. Non fala, non participa, non é problemático, non destaca, salvo en Matemáticas. Cada clase faíselle máis insoportable ata que Xermán, o profesor de Lingua e Literatura, manda escribir unha redacción sobre a fin de semana. A partir deste intre, Claudio empeza a transformarse en alguén que observa, imaxina e escribe a vida doutros nun relato por entregas para un só lector. Ese relato compartido polo discípulo e o mestre convértese nun xogo cada vez máis perigoso para eles e para quen os rodea.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios