Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Los pazos de Ulloa

No centenario da morte da escritora Emilio Pardo Bazán, Secuencia 3 presenta a adaptación teatral da súa novela "Os Pazos de Ulloa" asinada polo dramaturgo Eduardo Galán, baixo a dirección da unha das mellores directoras do noso país: Helena Pimenta e cunha repartición de luxo con Pere Ponce, Marcial Álvarez e Olivia Molina como cabezas de cartel.

Galego

Libre coma os paxaros

A base fundamental para a elaboración da posta en escena deste espectáculo son os textos de Rosalía de Castro -lieders, poemas, artigos, prólogos-,  engarzados con outros materiais que contextualizan e conforman unha vía pola que transitar o pensamento da nosa autora e o seu compromiso irrenunciable diante dos acontecementos e conflitos  protagonistas na sociedade do seu tempo, e que son sorprendente reflexo dos que hoxe nos acucian.

Galego

Leira

O corpo e a terra estreitan os seus lazos nun espectáculo de danza e música que nos transporta á dura beleza dos labores do campo. A muller no centro desta conexión telúrica; día e noite, xornada tras xornada repetida nunha sucesión inesgotable de estacións. O sol e a choiva, o vento xeado, crúas paisaxes de intemperie habitadas unicamente por unha coreografía humana de apeiros de labranza, de corpos que cargan e arrastran, que danzan entre os surcos arados na terra. Pero Leira é tamén a sinxela alegría do traballo feito coas mans, coa valentía do corpo a corpo.

Galego

Lázaro de Tormes

Pedras de Cartón presenta "LÁZARO de Tormes",  un espectáculo baseado no coñecido clásico da literatura, por primeira vez contado case sen palabras. Un espectáculo para toda a familia narrado en clave de comedia a través dun coidado traballo de máscaras dirixido por Pablo Sánchez e unha banda sonora orixinal  creada por Davide González.

Galego

La magia del mago Rafa

A Maxia do Mago Rafa afástase da maxia máis convencional. En todos os seus espectáculos hai varios denominadores en común: humor, tenrura, unha excelente técnica interpretativa, unha fantástica selección musical, unha escenografía moderna e espectacular e maxia moi orixinal e impactante que comunica a través do absurdo e do cotián.

Moitos definen os seus espectáculos como "A Maxia diferente, a próxima e a de verdade".

Este espectáculo realízase en formato Gala e Rafa conta coa colaboracion de magos de recoñecido prestixio Internacional.

Galego

A Bohème, concerto escenificado

Camerata Lírica presenta A Bohème, unha obra mestra do xenio de Lucca, Giacomo Puccini, con libreto de L. Illica e G. Giacosa e parte da triloxía destes tres grandes mestres xunto con " Madama Butterfly"e "Tosca".

Unha ópera en catro actos inspirada na novela do literato Henri Muguer, " Scènes da vie de Bohème"; estreada no Teatro Rexio de Milán o 1 de febreiro de 1896, baixo a batuta de Arturo Toscanini.

Galego

Joejufy, The Hunter

Joejufy, The Hunter é unha proposta escénica sobre a situación actual. Vivimos nunha sociedade que ten presa por chegar a ningures e consume cegamente sen pensar nas consecuencias.

Quixemos abordar este tema que afecta a todes por igual en maior ou menor medida, sempre desde a nosa perspectiva e vivencias propias. Un reflexo de nós mesmos como sociedade de consumo, do impacto da fast fashion e dos canons estéticos. O efémero escaparate onde vivimos, xa sexa camiñando pola rúa, nunha estrea ou nas moi importantes redes sociais.

Galego

Insubmisión

Espectáculo premio nacional de teatro.

Insumisión fala da violencia que se xenera no ámbito familiar, e que o fai dende o epicentro do conflicto: a intimidade da parella.

O texto conta a historia partindo de dúas premisas. A primeira é que a violencia non aparece explícitamente no texto. Trátase dunha violencia suxerida, subxacente... A tensión dramática crece ao redor desa violencia contida, pero que non estala sobre o escenario.

Galego

Ikigai

Espectáculo de danza-circo 360º de medio formato, onde dous personaxes crean mundos de fantasía.

Xogo e imaxinación, acrobacia aérea e voz cantada en directo, son os ingredientes dun espectáculo onde a maxia xorde do uso creativo dos elementos e a destreza comunicativa das intérpretes co espectador.

Os conflitos, decisións e dificultades son parte da vida cotiá. Sempre depende do que nós facemos con eses conflitos e como os resolvemos para que cada momento convértase nunha agradable aventura.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios