Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

The show moscón

“The Show Moscón ” é un circo “varieté” itinerante, presentado por un Moscón gordo e rollizo. Un circo marabilloso, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os distintos números que hai no seu interior.

Galego

Crunch 2!

Volven os dous superheroes máis queridos do circo nesta nova aventura. Unha viaxe temporal aos seus comezos, volver á escola por non sacar o título. 

Quen non soñou con iso? Un mundo no que non es ninguén sen título. Novos inimigos, novas aventuras, novos desafíos. Un espectáculo familiar cheo de malabares, caídas, golpes, corda floxa, risas e equilibrios imposibles. Máis que nunca é tempo de superheroes. 

Galego

Contos para caghar patatillas

Quen ten cu, ten medo. Iso non é malo : é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo.

Diso falan estes contos, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis.

Galego

Peor imposible

Espectáculo de Peter Punk. Un traballo unipersoal deste recoñecido pallaso galego, no que mantén a súa esencia e o humor irreverente co que se deu a coñecer. E onde da mostra da súa veterania e madurez, tras máis dunha década de traxectoria profesional.  

Peter Punk non contaba con que as cousas sempre poden ir a peor. Na súa nova aventura, non lle queda outra que afrontar o seu fracaso. Pero está disposto a todo pola risa do público.

Galego

Vicki e a felicidade

Vicki, un neno a quen lle encanta bailar e cantar, vive nunha aldea onde as persoas están sempre de mal humor. Un día, despois dunha conversa coa súa avoa, emprende unha viaxe na procura do segredo da felicidade, coa idea de devolverlle a alegría á xente da aldea. Unha viaxe chea de personaxes curiosos, de humor, maxia e música onde a importancia da empatía, da igualdade e dos cuidados está no centro da historia, xa que, xustamente todo isto, é o que consegue mellorar as nosas vidas e a das persoas que nos rodean.

Galego

Liberar as arterias

Se algo podemos destacar de SÉS é o seu enorme carisma e forza persoal, xa de sobra amosada en centos de concertos e actuacións ao longo de toda Galiza, percorrendo diferentes escenarios, pobo tras pobo e cidade tras cidade. Aos poucos e grazas á transmisión boca-orella, a súa intensa personalidade e honestidade á hora de manifestarse,  foi conquistando o público cun caudal de enerxía que chama pola unión e o cuestionamento do establecido.

Galego

Gallaecia Small Band

Está integrada por 8 artistas. Seis músicos de gran nome dentro do panorama musical galego (1 saxo, 1 trombón, 1 trompeta, batería, contrabaixo e piano) e dous cantantes. 
Un son explosivo. Unha big band doutros tempos en pequeno formato, con dous cantantes que se adaptan a calquera repertorio. Unha posta en escena en grao sumo elegante. Temas míticos de Frank Sinatra, Glenn Miller, Paul Anka, Renato Carosone, Pérez Prado, temas actuais de Michael Bublé e moitos máis vos levarán no mundo das grandes Big Bands. 
Calidade musical, Elegancia e Distinción do espectáculo.

Galego

Fronterizas

Elenco artístico: Mari Paula, Carlos Molina, Jaime Peña

1. Aceptarás o fracaso

2. Odiarás as acrobacias e todas as espirais

3. Non usarás o beige

4. Entenderás que a revolución non existe

5. Asumirás que todo xa está inventado

6. Tomarás unha decisión artística vital

7. Santificarás o monstro que levas dentro

8. Non esquecerás que política e estética son primas irmás

9. Vivirás na fronteira de calquera disciplina

10. Bailarás a propia morte

Galego

Concerto de Martins Aneiros Band

Tras un par de anos de proxecto conxunto sobre os escenarios, a banda xurdida da unión da guitarra de Víctor Aneiros e a voz de Paula Martíns lanza o seu primeiro álbum baixo o título de "RAIN".

O primeiro traballo de estudo da Martíns Aneiros Band é unha viaxe a través do blues, o soul e o rock no que temas como o popular "Blues is my business" de Etta James ou "I can´t do that" do compositor chicagüense Mike Wheeler maxistralmente versioneados e ensamblados con outros orixinais como "Rain", o single que ademais dá nome ao disco, ou "Healthy lifestyle".

Galego

Teño algo importante que dicir pero aínda non sei o que é. 

Esta frase sitúase como punto de partida da nova creación da compañía Elahood. Unha proposta de danzas urbanas baixo unha mirada de creación contemporánea.

NÓ convida ao público nunha viaxe onírica, estirando e deformando o significado do que é importante. Baixo un filtro de ironía e fantasía, a compañía deixa ver pegadas do debate actual que atende a decontrucción de xénero e a conciencia de clase.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios