Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

A viaxe de Mina

Mina era unha nena alegre, segura de si mesma, feliz; pero cuns gustos un tanto estrafalarios e... gorda, e iso á sociedade non lle gustaba. Mina querıá vivir nun mundo de xente diferente, pero os demáis empeñábanse en convertilo nun mundo que se ría de quen era diferente. Mina embarcarase nunha viaxe interestelar onde terá que tomar a decisión máis importante da súa vida.

Galego

A parábola do angazo

Elenco: Artur Trillo e Toño Casais

Un mozo dunha aldea galega emigrou a Castela e aos poucos meses regresou á súa terra. E nese breve tempo ocorrera algo asombroso: o rapaz esquecera a fala dos seus, a lingua que falara toda a vida. De volta na casa non facía senón preguntar:

-Mi padre: como se llama esto?

O pai, molesto ante ese fillo desleigado e farto de tanta pregunta parva, cando o mozo preguntou de novo ao atopar no chan da eira tan "exótica" ferramenta, "Mi padre:¿ y esto como se llama?", respondeulle:

-Ponlle enriba o pé xa verás como cho di el mesmo.

Galego

A nena que vivía nunha caixa de mistos

A nena que vivía nunha caixa de mistos é a terceira parte da triloxía sobre os contos populares, que comezou con As fabas máxicas , continuou con Feo (Premio María Casares a mellor espectáculo infantil) e rematará con este espectáculo.

A nova proposta de Caramuxo teatro está inspirada no conto A vendedora de mistos de Hans Chistian Ándersen.

Un espectáculo cunha coidada posta en escena e cunha linguaxe contemporánea, utilizando como temática a pobreza infantil.

Galego

A Lúa vai encuberta

 

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Galego

Gloria Nacional

Elenco: Miguel Pernas, Luma Gómez e Manuela Varela

Uxio Rodas, escultor e pintor duns 60 anos, é considerado polos seus contemporáneos unha auténtica gloria nacional. As súas esculturas están nos mellores museos internacionais e ten sobre as súas costas unha longa e importante carreira de creador honesto e impoñente, con exposición e grandes ventas en todos os países do mundo.

Galego

Globotolo

O pallaso Lolo fará as delicias dos máis pequenos e sorprenderá aos máis grandes, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos.

Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinte parte integrante.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown é misturada cun cóctel de risas e gargalladas.

 

Galego

Ghop!

Ghop! vén de Hop! Que sería de nós sen a gheada para facer que esta palabra soe completa e a nosa querida “h” non fique muda coma sempre? Ghop! imprime con enerxía un espectáculo coa estética clásica dos circos ambulantes que no pasado percorrían as prazas dos pobos e aldeas. Os tres protagonistas, vestidos e caracterizados para a ocasión, aderezan con malabares, monicreques, acrobacias e pinceladas de maxia o show de variedades que esta compañía itinerante ofrece a un público desexoso de divertirse e participar.

Galego

Gaia Babá

O mundo, devorado polos residuos, perdeu a súa cor. Frío, gris e cuberto de desperdicios é reinado por unha terrible catástrofe: o lixo.

Seres sen piedade impóñense como amos incontestábeis dunha terra erma.

Sen embargo, alguén queda neste falmaguento mundo. Alguén queda barrendo sen cesar a ondas de lixo que sempre voltan. Alguén queda sen dimitir dun propósito que parece inalcanzable. Alguén queda coa esperanza de que a natureza recupere os seus dereitos:

A meiga Gaia Baba

Galego

Gaia

Entremáns presenta unha peza didáctica para público familiar, Gaia. Realiza así o seu segundo espectáculo infantil, logo da boa acollida que tivo a nivel nacional o seu anterior espectáculo, Xoga.

Gaia afonda nun tema de suma importancia hoxe en día: o noso planeta.

Un proxecto no que a idea fundamental é achegar coñecementos desde unha óptica visual e imaxinativa.

O espectáculo vai dirixido a un público infantil e familiar, a partir de 3 anos, cunha linguaxe moi atractiva e sumamente coidada.

Galego

Formigas no peto

É unha proposta innovadora e de calidade que mestura o teatro de imaxes, coa narración oral e co teatro de actor.

Trátase dun espectáculo unipersoal que fala da memoria individual e colectiva de tod@s nós e que, por medio de varios personaxes moi recoñecibles e familiares vencellados á nosa vida cotiá, dende as avóas ata nós mesm@s, vainos levando polo Bazar da Memoria do protagonista quen, dende alí mesmo, cóntanos, sinte e viaxa por momentos e emocións da súa patria que é, nin máis nin menos, que a súa infancia... ou a nosa.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios