Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Rastros

“Esther, a protagonista de Rastros, é unha muller descaradamente libre. Seguramente anticipada ós tempos de hoxe. Acostuma a dicir o que pensa e facer o que sinte, sen prexuízos. Intentou evitalos pero sen éxito. É un dos personaxes femininos máis interesantes que produciu a dramaturxia galega, unha libertaria finisecular que tería topado o seu lugar nas manifestacións feministas de hoxe. Rastros pivota sobre a súa liberdade e, ó mesmo tempo, polas debilidades que a fan muller galega do seu tempo”.

Galego

Quixote

"Quixote" é un xogo cómico inspirado na coñecida obra de Cervantes. Un espectáculo para achegar os clásicos a toda a familia con humor e case sen palabras, no que Don Quixote viaxa polas terras de Castela co seu velocípedo, acompañado do fiel Sancho e un triciclo cargado de maletas.

O segundo espectáculo de Pedras de cartón traballa, de esta volta, cunha estética achegada ás películas de pallasos de Fellini.

Galego

Palma Repalma

"Palma repalma" é como comeza a canción, son tamén as palabras máxicas e o inicio da nosa historia. Un espectáculo enmarcado nun souto encantado onde viven animais e algúns seres máxicos, coma os nosos protagonistas.

Galego

Martins Aneiros Band

 Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

Galego

Caamaño & Ameixeiras

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

Galego

Tanxugueiras en concerto

O novo traballo de Tanxugueiras, a banda revelación do folk galego nos últimos anos, sae a luz o 21 de novembro de 2019. Nel, un cambio de imaxe, de formato e de espectáculo para deleitar aos espectadores.

A música tradicional vista desde os ollos dunhas rapazas que beben doutras influencias. 

Logo do éxito do seu primeiro traballo e de máis de 100 concertos en 16 meses de presentación, Contrapunto ve a luz producido por elas mesmas. Un disco no que as voces son as protagonistas, así como unha coidada escenografía e xogo de luces.

Galego

Cigarreiras

Elenco: Marta Larralde, Susana Dans, Teté Delgado, Isabel Naveira, Ledicia Sola e Ana Sandos.

Sinopse: No centenario do pasamento da novelista Emilia Pardo Bazán, Contraproducións presenta unha relectura dunha das obras máis interesantes da autora: A Tribuna. A muller, o amor e os prexuizos de clase son os temas entorno ao que xirarán esta relectura, facendo fincapé no ambiente e primeiras loitas femininas das traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña. E todo isto con un transfondo político onde se asiste ao ocaso dos Borbóns e á atribiulada proclamación da I República

Galego

Brancaneves e os 7

Manipulación: Jorge Rey

Versión moderna da popular ficción, onde se mestura teatro e monicreques de madeira e gran tamaño, con música en directo e rítmicas cancións.

Extraordinarias aventuras vistas dende outro lado do bosque, onde o anciano rei, que todo o perdera quere recuperar a ilusión da súa vida, Brancaneves.

 

Galego

Aibô

Aibō é a ópera prima da Compañía Eléctrica, unha peza teatral para público infantil e familiar con Iria Pinheiro e Areta Bolado (A Panadaría) en escena. 

Aibō significa compañeir@ en xaponés, esta é a palabra que mellor se axusta para definir unha fábula inspirada na Carapuchiña Vermella.

Trátase dunha visión diferente do conto popular, que pretende dar unha ollada positiva sobre a nosa relación coa natureza e tamén sobre o trato que temos con outros seres diferentes a nós. Unha celebración da diversidade.

Elenco: Iria Pinheiro e Areta Bolado

Galego

A volta ao día en 80 mundos

SINOPSIS: Teatro de contos no que un persoaxe sacado da obra de Xullo Verne, dará a volta a un día estando en 80 mundos. Daremos un paseo polos distintos continentes e conoñeremos datos curiosos sobre eses luares por suposto todo a través dos contos.

Traballaremos valores moi importantes do día a día aprendendo mensaxes tan útiles como la importancia de compartir, ou o valor dun sorriso. Teatro e contos.

ELENCO: Erica González e Pablo Balseiro

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios