Rede galega de teatros e auditorios

Imaxe: 
Galego
Mostrar en barra lateral: 
NO mostrar en barra lateral

Dreaming Juliet

Dreaming Juliet é a nova creación para público adulto do Elefante Elegante.

O espectáculo inspírase na peza "Romeo e Xulieta" de W. Shakespeare para abordar a cuestión máis esencial da existencia humana: o amor.

A paixón, a familia e a maternidade son os temas intrínsecos da obra e o teatro físico e visual a ferramenta da creación. A peza do dramaturgo inglés é un referente universal porque os seus protagonistas logo de amarse desenfreadamente teñen un funesto final.

Galego

FALA ME Trad Cabaré

FALA-ME. Trad-cabaré lingüísitico. Bótame a língua a pacer!!!!

Chega por fin a arela de crear un cabaré que mesture a danza e a música tradicional en directo, arredor da língua, dos xogos de palabras, e do sexo na poesía tradicional. Todo con moita estética e altas doses de glamour “feito na casa”.

Sexas neofalante, paleofalante, normativista, reintegrata, de máximos, de mínimos, bilingüista armónico ou castrapeiro, o importante é poñernos diante do espello do esperpento e o humor para chegar á conclusión de que o importante da língua é falala. 

Galego

Dona Barriga Verde

Dirixido a crianzas, mozas e mozos, maiores e moi maiores que queiran gozar dos bonecos e coñecer  a rica tradición do títere de cachaporra da Península chega esta nova versión da personaxe galego Barriga Verde. 

Con protagonista femenina, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas  aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actualización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos.

Galego

Don Gaiferos

Obra teatral con actores, monicreques e músicos que a modo de opereta e partindo do romance popularizado por Don Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego;  conta un dos milagres atribuídos ao Apóstolo Santiago que narra a viaxe do peregrino francés Gaiferos de Monmarltan ata a súa morte aos pes do santo na Catedral compostelá.

Galego

Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva

Chegan as próximas badaladas de fin de ano. Atopámonos ante un espello no que mirarse, cuestionarse, quererse… Dúas actrices en escena, dúas mulleres nas que reflectirse a través das súas fraquezas e virtudes. Un mosaico de complicidades a través do tempo… e algún que outro conflito tamén. Unha historia de autosuperación e empoderamento feminino. Un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica – subversiva, no que o espectador terá tamén ocasión de observarse e viaxar con elas na procura duns soños tan anhelados como a última oliva que queda no prato.

Galego

Divas de diván

Nas culturas celta, babilonia, sumeria, etrusca, nipona, azteca, semita, mesopotámica, exipcia, chinesa, xermánica, nórdica, lituana, grega e romana o pobo rendiu culto a distintas deusas da sexualidade, os desexos e mailo pracer. En Galicia, nos tempos que corren, a carnalidade e o instinto teñen templo en case cada casa no corpo de cada muller. Non é o mesmo ser divinidade que diva. Pero por sorte as divas son moito máis fáciles de alcanzar.

Galego

Desde o invisible

Desde lo invisible é unha colaxe de escenas que viran en torno ao mundo das persoas con diversidade. Unha embarazada que non sabe se o seu neno ten unha discapacidade, unha moza que non acepta que o martes non se vaia á piscina, outra no seu primeiro día de traballo, unha irmá que pide un futuro sen ataduras… Mozas e mozos diferentes, monitores, familias, veciños, coñecidos, descoñecidos… Todos mostrarannos a verdade dunha realidade moi afastada da maioría de nós.

Galego

De Botóns

Pedro Pascual y Carlos Quintá levan a cabo un concerto no que interpretan pezas recollidas e arranxadas  dentro do cancioneiro DE BOTÓNS, un proxecto editorial ambicioso no  que adaptan máis de cen cancióis do repertorio popular galego para acordeón diatónico.

Galego

Cousas de casa

Un espectáculo de títeres de guante divertido, pícaro e tenro para exhibir en sala, rúa ou espazos atípicos que realiza un percorrido por aqueles conceptos que nos permiten reflexionar acerca da igualdade entre mulleres e homes nos distintos ámbitos, con especial énfase na reincorporación profesional da muller despois de ser mai e a corresponsabilidade do home como pai nos coidados do novo menbro da familia, bebé.

Galego

Brilla Brilla

A estreliña Vela está moi triste porque aínda non aprendeu a brillar, pero grazas á axuda da súa amiga Lyra e do montón de cousas divertidas que lle levou para xogar, poderán conseguir que Vela brille por fin?

Brilla Brilla é una obra de teatro sensorial para bebés que lles fará aprender valores tan importantes como é compartir.

A través de diferentes elementos sensoriais (campás, confeti, luz negra, instrumentos,...)os máis pequenos/as da casa gozarán desta aventura.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Rede galega de teatros e auditorios